WWW.THESIS.DISLIB.INFO
FREE ELECTRONIC LIBRARY - Online materials, documents
 
<< HOME
CONTACTS



Pages:     | 1 |   ...   | 3 | 4 ||

«Tema 5: República e guerra (1931-1939): 5.1. A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936) Etapas 1- Goberno provisional: desde a proclamación da república ...»

-- [ Page 5 ] --

“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente e por riba de todo a necesidade dunha inmediata derrogación (...) dos preceptos, tanto constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos e socializantes (...); traballarán sen descanso para acadar a cancelación de tódalas disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (...). A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representada polo socialismo e os seus subalternos (...), prevaleza (...) na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados tódolos nosos esforzos”.

Doc.4.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seu pacto-programa:

“Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coligados comprométense:

1º. A conceder por lei unha ampla amnistía dos delitos político-sociais cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...).

Restablecerán o imperio da Constitución (...).

Derrogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación na propiedade, previa liquidación, aos arrendatarios antigos e pequenos (...).

A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do Estado (...). Impulsarán, co ritmo dos primeiros años da República, a creación de escolas de primeira ensinanza”.

Doc.5.-José Díaz, secretario xeral do PCE, denuncia nas Cortes a existencia dun complot contra o goberno da Fronte

Popular (15 de xullo de 1936):

“Señor Gil Robles (...), estamos completamente seguros de que en moitas provincias de España se están a facer preparativos para o golpe de Estado (...). Todos estamos vixiantes, a fin de que non poidades levar a cabo os vosos intentos porque, de facelo así, levaredes a España polo camiño polo que a levastes neses dous anos de represión, de fame e de descrédito para o país. Nós non queremos esa España, senón unha España democrática, onde haxa benestar para os obreiros e para as clases populares (...). Non queredes acatar o que representou o triunfo do 16 de febreiro, e de aí a vosa política e a vosa actuación”.

Exame 2 reformas da república (xuño 2011) Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto sobre as reformas iniciadas no primeiro bienio da Segunda República. Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: Os principais ámbitos de aplicación das reformas, como os mencionados nos docs. 1, 2, 3 e 4; as forzas políticas e sociais promotoras dos cambios; as opostas aos mesmos (doc. 5); a evolución e desenlace da confrontación en torno a tales medidas. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.- O día 23 de abril de 1931, poucos días despois da proclamación da República, a Gaceta de Madrid publicaba o

seguinte decreto:

“A revolución de Abril, que por vontade do pobo instaurou a República en España, extingue o xuramento de obediencia e fidelidade que as forzas armadas da Nación prestaran ás institucións hoxe desaparecidas (…), vínculo de adhesión a unha dinastía ou unha persoa (…).

Art. 1º. Todos os xenerais en situación de actividade ou reserva, e todos os xefes, oficiais e asimilados que non estean na de retirados ou separados do servizo terán que prestar (…) solemne promesa de adhesión e fidelidade á República” Doc.2.- No seguinte discurso (13 de outubro de 1931), Manuel Azaña refírese aos principais problemas que debe afrontar

a República, prestando especial atención á cuestión relixiosa:

“A revolución política, é dicir, a expulsión da dinastía e a restauración das liberdades públicas, resolveu un problema específico de importancia capital, ¡quen o dubida!, pero non fixo máis que suscitar e enunciar aqueles outros problemas que han transformar o Estado e a sociedade españois ata a raíz. Estes problemas, ao meu curto entender, son principalmente tres: o problema das autonomías locais, o problema social na súa forma máis urxente e aguda, que é a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, e que é en rigor a implantación do laicismo do Estado con todas as súas inevitables e rigorosas consecuencias. Ningún destes problemas os inventou a República (...). Refírome a iso que chaman problema relixioso. A premisa deste problema, hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou de ser católica”.

Doc.3.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):

“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados:

4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa (...).

5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda.

6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...).

7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”.





Doc.4.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de Cataluña:

“Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...).

Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...).

Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.

Doc.5.- Manifesto electoral da Candidatura antimarxista por Madrid (outubro de 1932):

“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente a necesidade dunha inmediata derrogación, pola vía que en cada caso proceda, dos preceptos, tanto constitucionais como legais, inspirados en designios laicos e socializantes (…);

traballarán sen descanso para lograr a cancelación de todas as disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (…).A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representada polo socialismo e os seus subalternos auxiliares, máis o menos descubertos ou subrepticios, prevaleza ou sequera inflúa predominantemente, como ata agora, na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados todos os nosos esforzos”.

Exame Guerra Civil (xuño 2012) Os documentos seguintes, aos que debes referirte na túa exposición, tratan sobre a Guerra Civil. Na redacción debes desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio; as posicións ideolóxicas que se enfrontan no conflito;

a evolución política das dúas zonas; os factores que favorecen a vitoria final dos sublevados e as consecuencias desa vitoria.

Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:

“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé para defender a República, as liberdades populares e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren polo fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán; España enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular!

¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a República do pobo!”.

Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:

“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España é unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.

Doc. 3.-Boletín informativo da CNT-FAI, xaneiro de 1937:

“Que quede ben entendido que non estamos a loitar pola República democrática. Estamos a loitar polo triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables. Todo o que se diga en sentido contrario é contrarrevolución reformista”.

Doc. 4.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937:

“¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo revolucionario. ¿Por que? Porque defendemos a República democrática (...). Unha República democrática e parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”.

Doc. 5.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT:

“Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”.

Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais, asina o Decreto de

Unificación:

“Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange Tradicionalista y de las JONS.

Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ao Estado o alento do pobo e de levar a este o pensamento daquel a través das virtudes político-morais, de servizo, xerarquía e irmandade (...).

Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.

Doc. 7.-Último parte de guerra:

“No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos obxectivos militares.

A guerra rematou.

Pages:     | 1 |   ...   | 3 | 4 ||


Similar works:

«2016-2017 Boarding Prefects’ Handbook 2016-2017 Boarding Prefects’ Handbook Congratulations! If you are reading this it is because you have been selected to be a Boarding Prefect. Being given the title and position of Boarding Prefect is an honour and a privilege and we hope that you will look back on your time in this role with a sense of pride, particularly in future years when you move on from Beechwood Sacred Heart to university and beyond. As a Boarding Prefect a weight of...»

«Nigeria: The Challenge of Military Reform Africa Report N°237 | 6 June 2016 International Crisis Group Headquarters Avenue Louise 149 1050 Brussels, Belgium Tel: +32 2 502 90 38 Fax: +32 2 502 50 38 brussels@crisisgroup.org Table of Contents Executive Summary Recommendations I.  Introduction II.  The Long Decline A.  The Legacy of Military Rule B.  The Military under Democracy: Failed Promises of Reform 1.  The Obasanjo years 2.  The Yar’Adua and Jonathan years 3.  The military’s...»

«WP 2012-012: January 2012 The Nutrition Challenge in Sub-Saharan Africa Jessica Fanzo PhD1 Jessica Fanzo, Bioversity International, Via dei Tre Denari 472/a, 00057 Maccarese (Fiumicino), Rome, Italy. This paper is part of a series of recent research commissioned for the African Human Development Report. The authors include leading academics and practitioners from Africa and around the world, as well as UNDP researchers. The findings, interpretations and conclusions are strictly those of the...»

«MINUTES OF REGULAR SESSION HIGHLAND CITY COUNCIL MONDAY, MAY 20, 2013 Mayor Michaelis called the Regular Session to order at 7:00pm. Council members Schwarz, Frey, Bellm and Nicolaides were present. Others in attendance were City Manager Mark Latham, City Attorney John Long; Directors Cook, Gillespie, Korte, Rosen and Schoeck; Fire Chief Bloemker, Building & Zoning Supervisor Limestall; Treasurer Foehner, Library Director Kim, Deputy City Clerk Hediger, City Clerk Bellm; 6 citizens, and one...»

«LCRA TRANSMISSION SERVICES CORPORATION COMPETITIVE RENEWABLE ENERGY ZONE TRANSMISSION LINES ENVIRONMENTAL ASSESSMENT Prepared for and edited by U.S. FISH AND WILDLIFE SERVICE 10711 Burnet Road, Suite 200 Austin, Texas 78757 Prepared by SWCA ENVIRONMENTAL CONSULTANTS 4407 Monterey Oaks Blvd. Building 1, Suite 110 Austin, Texas 78749 www.swca.com April 2012 Table of Contents Executive Summary 1.1  INTRODUCTION 1.2  PROJECT BACKGROUND 1.2.1  CREZ Program 1.2.2  Summary of PUC Routing Process...»

«III Financial Education and Retirement Savings Robert L. Clark Professor North Carolina State University And Madeleine B. d’Ambrosio Executive Director TIAA-CREF Institute Presented at Retirement Implications of Demographic and Family Change Symposium Sponsored by the Society of Actuaries San Francisco June 2002 We acknowledge the cooperation of numerous consultants in TIAA-CREF Consulting Services who administered the surveys in conjunction with seminars around the country. We would like to...»

«77’eren NETMAGASIN FOR HJEMMEVÆRNSESKADRILLE 277 KARUP nr. 7 2012 4. årgang Jagten på ISAF 14 Fra det gamle arkiv Her kommer Jan Bunker By Night med kost og spand Værn om fanen Elise T. Christensen Storåvej 71, 7400 Herning Telefon: 9722 2026 2069 4403 Michael Konstantin Voegeding Hvalpsundvej 20, 9600 Års Telefon: 9866 1010 6017 8021 Jonna Nygård Vindelevgård 78, 7830 Vinderup Telefon: 9744 2763 4142 7691 Poul Hegelund Blegsø Banke 16, 8660 Skanderborg Chefens Klumme Side 03...»

«2º BAC Tema 5 páx. 1 Tema 5.Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808-1874] ‘ No tránsito do século XVIII ao XIX producíronse, tanto en Europa como en América, profundos cambios políticos, sociais e económicos que transformaron radicalmente os sistemas vixentes ata entón. As vellas estruturas do Antigo Réxime, (a monarquía absoluta, o réxime señorial e a sociedade estamental baseada na desigualdade xurídica), foron derrubadas e substituídas por unhas novas: soberanía...»

«PRIMACY AND COLLEGIALITY IN THE WORKS OF JOSEPH RATZINGER • Richard G. DeClue • “If the bishop of Rome enjoys any primacy whatsoever, it is only because the Church as a whole is primary.” Whether and how the bishop of Rome possesses primacy has been the subject of much discussion and heated debate throughout the centuries. It was a major issue in the events culminating in the schism of 1054, and it is likewise the central theme of current Catholic-Orthodox dialogue, which is fueled by...»

«MYCENAEAN se-re-mo-ka-ra-a-pi AND se-re-mo-ka-ra-o-re 1. THE MEANING OF se-re-moThese problematical words describe decorative features made of ivory or gold, found on parts of chairs listed in the Pylos furniture tablets.The contexts in which they occur are: PY Ta 707.2 to-no ku-te-se-jo, e-re-pa-te-ja-pi, o-pi-ke-re-mi-ni-ja-pi, se-re-mo-ka-ra-o-re, qe-qi-no-me-na, a-di-ri-ja-te-qe, po-ti-pi-qe 1 «One chair, ebony, with ivory opikereminija carved with a seremo-hcad and a human figure...»

«CITY OF POLSON COMMISSION MEETING Commission Chambers June 6, 2016 7:00 p.m. ATTENDANCE: Mayor Knutson, Commissioners Donovan, Erickson, Siler, Southerland and Turner, City Manager Mark Shrives, and City Clerk Cora Pritt ABSENT: Commissioner Coutts OTHERS PRESENT (who voluntarily signed in): Elsa Duford, Dennis Duty, Shari Johnson, Bonnie Manicke, Lee Manicke, Danette Nistler, Stephen Niblack, and Tony Porrazzo CALL TO ORDER: (00:01) Mayor Knutson called the meeting to order. The Pledge of...»

«LIST OF WAREHOUSES CANCELED AND/OR TERMINATED DURING CALENDAR YEAR 2002 United States Department of Agriculture COTTON Farm and Foreign Agricultural ALABAMA Services Farm Service Town Creek; Mauldin Brothers’ Warehouse; Edward Fennel Mauldin, Jr. and Agency Leonard Preuit Mauldin Copartners, trading as Mauldin Brothers’ Warehouse. 1400 Independence Warehouse sold. Ave, SW Stop 0553 Washington, DC ARKANSAS 20250-0553 Dell; Stevens Gin Company Warehouse; Stevens Gin Company. Warehouse...»





 
<<  HOME   |    CONTACTS
2017 www.thesis.dislib.info - Online materials, documents

Materials of this site are available for review, all rights belong to their respective owners.
If you do not agree with the fact that your material is placed on this site, please, email us, we will within 1-2 business days delete him.